«Xuncoga debería ser un centro de recollida de leite único»

p. v. LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

miguel souto

«Ten que chegar o día en que na comarca haxa só unha cooperativa»

26 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Julio Fernández Troitiño presidente da cooperativa Xuncoga

«Cosechadoras de 300.000 euros non debería ser normal que se crucen nas pistas»

Julio Fernández entrou nun proxecto cooperativo ovino en 2006: «Entrei no ovino par a poder transformar o leite» asegura. Ten 200 ovellas, vende años, e comercializa 200/300 queixos o mes de 1 e 2 quilos, incluso adquire leite a outros produtores.

-Se me dedico agora a facer queixo de ovella é por que vexo que nas vacas fallouse, hai que elaborar produtos que é onde está a pouca marxe que haxa.

-¿Resultou?

-Xa teño más dedicación o ovino aínda que manteño vacún. Tras decidilo dediquei as terras a facer forraxe para vacún. Este ano conto vender 250.000 quilos de millo. Están cerca das ovellas que me dan abono e aforro transporte. O ovino era o máis fácil daquela: Cuota non existía, o mercado do leite é libre, era investir na sala de muxir, o prezo das ovellas non é comparable co das vacas, e logo... aprender con tropezos, fun axustando, menos cabezas, pastoreo de mañá a noite pienso en sala. Estou contento respecto as vacas pero tamén se devaluou moito o ovino. O leite o empezar estaba a 1,10 euros litro e agora a 0,80.

-E xa ten marca...

-Todo partiu da cooperativa cando compramos as ovellas. Poñémoslle Ovilaga. Púxenlle ese mesmo nome ao queixo Máis o de Vilatuxe, onde están as ovellas.

Julio Fernández Troitiño, preside a cooperativa de segundo grado Xuncoga desde xaneiro a onde chega como socio ao presidir a Cooperativa do Campo de Silleda. Ten opinión clara de cómo quere o colectivo.

-Creo que unha vez que nos asociamos as cooperativas en Xuncoga xa non debería haber nin Campo nin Cobideza nin Aprodeza... debía ser cooperativa que en vez de dividir o sector o agrupara. Coordinar todo. Cada unha ten os seus socios, a súa forma de traballar, pero abarataríanse un montón de custes mesmo no pienso. Cando houbo unhas épocas de bonanza con prezos moi altos do leite, debeu haber xestión con enxeñeiros agrónomos asesorando, dirixindo inversións en naves, vai por aquí , ou por alí, xuntando terras... Eu estou casado en Gresande e desde que Campodeza empezou a rexurdir e comprar maquinaria, non se fixo concentración pero xa se traballa con parcelas en común.

-Fala de profesionalizarse...

-Exactamente, un pouco máis. Imaxina negociar conxuntamente 80 millóns de litros de leite. Igual non era coas empresas que están aquí, igual tiña que ir para outra parte. Todo o que se fixo en Xuncoga intentou facerse ben. Sairía regular... pois como todas as cousas. Non poño peros o que se fixo ou se debeu facer pero estamos nun momento en que en vez de dividir hai que agrupar algo máis.

-¿Están estancados?

-Estamos traballando cada quen independentemente, practicamente a fábrica de pienso. Si cadra non é o momento agora pero hai que ir mentalizándose en encamiñarse un pouquiño máis en conxunto. Si estiveramos algo máis conxuntados, que houbera unha dirección única, que o resto, tódalas naves das cooperativas podían ser departamentos para cada zona e con dirección profesional allea a nós. Imaxina uns 1.200 socios de Xuncoga... podían ter os seus enxeñeiros asesorando e abrindo campos. Estiven en Irmandiños fai pouco. Xa alugaron as terras as cooperativas pagan prezo por hectárea, cómpranlle o purín, encárgase de xestionar o terreo e despois cóbranlle ao gandeiro por quilo a comida e póñenlla as vacas. Aquí non hai concentración, ao mellor era unha forma de funcionar.

-¿É moi crítico?

-Viñeron cartos para moitas cooperativas non viables _e inclúe a súa_ . Desde a administración deberon esixir quere cartos, únanse e agora non hai cartos para fusións pero teremos que facelo a cañón. Ten que chegar o día que teñamos que fácelo e na comarca terá que haber só unha cooperativa. Non e normal que se crucen nos mesmos camiños cosechadoras de máis de 300.000 euros.

-Ten na rectora perfís profesionais, políticos, sindicais persoais, case un polvorín...

-Nas reunións cada un da a súa opinión, as decisión son por maioría, non vexo os conflitos aí, máis ben e despois da reunión, danlle bombo Se cadra a culpa é dos socios porque para levar unha empresa hai que dedicarse a ela e se tés máis carriles de saída, queres máis protagonismo... Se tés máis cousas que atender que unha é moi difícil que todo vaia algo encamiñado.

-Ademais conflúen cooperativas con peso dispar, socios con ou sen produción...

-Temos moita diferenza e un hándicap que temos aí. Hai moita diferenza entre O Rodo ou Cobideza ou a que presido, que é a máis pequena.

-Están en Clesa, ¿é o camiño?

-Chegouse a compra, hai apoio da Xunta para adiante pero pouco máis que dicir, estase en adecuación de funcionamento. Se as cousas se fan ben é unha boa cousa e temos a vantaxe de ter marca porque entrar no mercado é difícil. Estase funcionando; que vai haber moitas trabas, claro. Na miña opinión. Xuncoga debera ser un centro de recollida único de leite de inicio. Somos cooperativas que producimos leite, pois que mellor que o leite fora todo a un sitio e negocialo todo xunto. Teño un veciño, Lácteos Deza, que funciona. O pienso está ben pero... .

«Xa tiñamos que ter saido. Fixemos tractoradas con moita menos razón que agora»