«O meu primeiro recordo da empanada é coa miña nai»

rober amado LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

miguel souto

A directora do programa de gastronomía «Larpeiros» dará o pregón esta tarde na Festa da Empanada de A Bandeira

18 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

«O meu primeiro recordo coa empanada é ver á miña nai na cociña. Ela estaba amasando, e sempre me deixaba un anaco de masa. Eu o que facía era moldeala, e metíaa no forno, e despois comíaa». Inés Colmeiro, xornalista e directora de Larpeiros, programa en prime time da Televisión de Galicia, vai ser a encargada de dar o pregón na trixésimo oitava Festa da Empanada de A Bandeira que hoxe se celebra.

-¿O seu primeiro recordo coa empanada?

- Aínda o falaba coa miña nai, co gallo do pregón, e dicíalle: eu sempre recordei a túa empanada. A recordo así, na cociña, con ela deixándome ese anaco de masa que eu moldeaba e logo metíano ao forno. Creo que era de atún, pero diso xa non estou moi segura.

-¿A pregunta obrigada: gústalle a empanada?

-¡A dúbida ofende! [ri] Claro que si, gústame moito.

-É que o reto de dar un pregón nunha Festa da Empanada...

-Fíxate se me gusta, que cando fixemos o primeiro programa de Larpeiros, que foi precisamente da empanada, eu informeime ben e chamei a unha larpeira dezá para que dera boa fe de que a empanada estaba boa e ben feita.

-¿É posible un «Larpeiros no mundo», agora que está tan de moda?

-Iso non o sei, depende de moitas cousas. Pero non sería de estranar, porque a nosa cociña é moi exportable. Temos moi boa materia prima, moita tradición e moi bos profesionais. Os nosos pratos sorprenden alá por onde pasan.

-Supoño que é un reto dar o pregón na súa casa, ¿non si?

-Tanto persoal como profesionalmente. Eu non son de aquí. Pero a miña vinculación familiar é moi grande. Case toda a miña familia é de aquí. Non pasou verán que non viñese cos primos e os avós. Ademais, teño unha familia moi extensa. Iso fixo que, aínda non sendo de aquí, síntome coma se fose de aquí. Vin a todas as festas da empanada. Estiven vendo as festas dende abaixo. E agora, que me chamen para dalo é un orgullo e unha honra enorme.

-Os pregoeiros anteriores foron grandes personalidades no seu eido profesional. ¿Como a fai sentir iso?

-Penso que dar o pregón é unha responsabilidade moi grande. E hai que responder con humildade e respecto. Responder ao que che piden, pero facelo co corazón.

inés colmeiro xornalista