Mañá é o derradeiro día, así que hai que andar lixeiros. Pero ¿derradeiro día de que? Dunha iniciativa que leva adiante a Fundación Barrié, xa que mañá ás 24 horas remata o prazo para inscribirse no concurso baseado na webquest «Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial» con que EducaBarrié convocou a todos os centros de ESO e de bacharelato. E busca nada menos que revitalizar o emblemático xornal Galicia. Os traballos hainos que entregar antes de que remate o 8 de xuño. Tedes máis información na web da Fundación Barrié e en educabarrie@fbarrie.org.
Tamén te deixamos outra proposta para mañá, está na web de La Voz de Galicia. Todos os días sae en castelán con opción a vela en galego facendo un clic. Mañá será ao revés. Parece pouca cousa, pero seguro que coa súa mente entre literaria, pragmática e tecnolóxica, Valentín Paz Andrade estaría de acordo co cambio.
Reflexións
- ¿Que che parece o que di o profesor Gómez-Montero na entrevista?
Podes discrepar, felicitalo ou falar con el sobre literatura galega. Este é o seu correo: gomez.montero@romanistik.uni-kiel.de. E se te queres poñer en contacto coa lectora Paz Huete o seu correo é p.hueteiglesias@romanistik.uni-kiel.de