Actividades

La Voz

FIRMAS

02 may 2012 . Actualizado a las 12:47 h.

Busca na Wikipedia algún tema que che interese. Despois vai á versión nalgunha lingua da que non saibas nada (ruso, grego ou chinés) e tradúcea. ¿Entendes o suficiente como para considerar útil a ferramenta?

A máquina de Google é moi sinxela, para que sexa rápida, pero os resultados non son os mellores. Aínda que sempre fará falta unha revisión posterior do texto, tamén podes acudir á aplicación web Opentrad, que ofrece varias opcións. Podes traducir documentos (con custos) ou podes ir máis abaixo e introducir un texto ou unha dirección web, seleccionar a lingua de orixe e a de destino e obter resultados case inmediatos. Compara as traducións dos textos de Shakespeare ou de Cervantes da Wikipedia cos de Google que limos na actividade da esquerda.

A novela «Grandes esperanzas» de Charles Dickens pódese descargar en formato PDF en español.