Que as cousas se mesturen non quere dicir necesariamente que se confundan...
27 abr 2012 . Actualizado a las 21:13 h.Que as cousas se mesturen non quere dicir necesariamente que se confundan. A Orquestra Voland quere chegar ata a estrema da música en combinacións diversas. Por unha parte ligando coa literatura de Quinito Mourelle e, quizais máis importante musicalmente, unha localización que aceptaría situarse no territorio que poidan compartir folk e jazz. A versión cadrada das cousas dirían que non hai moito espazo compartido. Pero a música non é cadrada. É xusto o contrario.
No proxecto que lidera Roberto Somoza hai moitos ventos, saxos e clarinetes por exemplo. Pero tamén hai ventos musicais de influencias procedentes dos países europeos cos que establece liña de relación e cos que traza un arco que vai desde occidente ata o oriente deste continente que parece un supermercado.
Teatro Principal
Días: Domingo
Horario: 20.00
Entradas: 6 euros anticipada. 10 taquilla