A participación está aberta a todos e articúlase no Facebook do programa

La Voz

FIRMAS

Para participar no concurso debes ter en conta o seguinte:

Os prazos. Pódense presentar vídeos ata o 3 de maio. Desde o 4 ata o 28 de estará aberto o prazo de votacións e, finalmente, o 30 de maio farase público o gañador, que será o que máis votos reciba.

No facebook de Voz Natura está aloxado o concurso: pódense consultar as bases, ver os vídeos xa presentados e enviar, a través dun sinxelo formulario, os traballos. A partir do 4 de maio estará operativa a función de votar.

Na web de Voz Natura tamén se poden consultar todos os aspectos do concurso e, o máis, importante, descargar a canción «Reforéstate», que se debe empregar nos vídeos que entren a concurso. Os menores de 14 anos deberán descargar, cubrir e enviar a Voz Natura unha autorización dos seus pais ou titores.

No canal de Youtube do Programa Voz Natura, pódense ver todos os vídeos do concurso e moitos outros elaborados polos centros participantes no programa.