Non esquezas o 30 de abril

La Voz

FIRMAS

07 mar 2012 . Actualizado a las 13:28 h.

Os traballos deberán ser remitidos, antes do 30 de abril do 2012, á seguinte dirección:

Premio Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil

Programa Prensa-Escola. La Voz de Galicia

Avenida da Prensa, 84-85

Polígono industrial de Sabón

15142 Arteixo (A Coruña)

Tamén poderán entregarse persoalmente en calquera das delegacións do xornal ou enviarse por Internet á seguinte dirección: prensa-escuela@lavoz.es

Na maqueta que conteña o traballo cumprimentaranse os datos do autor, os do profesor responsable da supervisión do traballo e os do centro de ensino ao que pertencen ambos. Os participantes menores de 14 anos deberán cumprimentar así mesmo a autorización que se incorpora ás bases e remitila xunto co traballo por correo postal, debidamente asinada polos seus pais ou titores legais, á dirección indicada anteriormente.

Documentación:

As bases completas, o material de apoio, as maquetas e a relación de premios para alumnos e profesores están no apartado Concursos da nosa web. Se tes algunha dúbida, escríbenos a prensa-escuela@lavoz.es.