Os mobles do cuarto que tiveron Alfonso Daniel e Virxinia en Argentina consérvase na sala de exposicións municipais
22 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.O 19 de outubro deste ano cumprirase o centenario do casamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e de Virxinia Pereira Renda, celebrado na antiga igrexa de San Paio. Do templo so se conservan hoxe algunhas vellas imaxes e unha antiga reixa que se mostra no Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela.
Sen embargo, a sala municipal ten un tesouro maior en relación con Castelao. Entre os seus fondos, o museo conta con varios mobles do que foi o dormitorio que o matrimonio tivo na súa casa de Bos Aires. Trátase de dúas mesiñas de noite, unha cómoda e un espello que se atopan en bo estado de conservación. Dentro da cómoda viñan tamén un traxe de crespón negro de Virxinia, dúas almofadas e unha colcha.
Neste momento o museo non pode visitarse por atoparse na fase final dunha remodelación. Espérase a súa apertura nos próximos meses.