O barquense Jesús Vidal, no seu cargo de vicepresidente da AGP (que ostenta pola provincia de Lugo, onde xestiona a quiroguesa Piquisa) foi o encargado de firmar as táboas salariais que suporán un aumento do 2.4 % na nómina dos traballadores.
-¿Que supón para as empresas?
-Neste momento supón un esforzo considerable que espero saiban apreciar o resto das partes. Tamén é certo que se firmou no momento en que se firmou, cando non esperábamos que a situación fora como é neste momento. Aínda que era un momento difícil, tiñamos unha previsión de que isto fose a mellor, e a verdade é que só falta mirar ao lado para ver como estamos. Vainos custar moito asumir isto, pero son pactos que están firmados, e hai que cumprir os acordos. Pero non son acordes coa realidade, porque ata os sindicatos están falando de moderación, de conxelación salarial, de redución de salarios, e aquí polo menos estase garantindo o IPC. Penso que non haxa moitos convenios coma este.
-¿Periga máis emprego?
-Penso que as reducións fortes xa se fixeron, e hoxe por desgraza as empresas están xa moi axustadas. Estamos no chanzo este no que tristemente hai empresas que están desaparecendo. Esperemos que isto vaia para adiante, pero visto o visto, non se pode falar de futuro nada.
-¿Hai previsión de mellora?
-Cada vez creo menos nas previsións, pero o certo é que non son moi halagüeñas.