Adrián Domínguez cae seis postos en Nova Zelanda

vilagarcía / la voz

FIRMAS

Unha única manga máis contabilizou onte o Mundial de Optimist que se está a disputar en augas de Nova Zelanda

04 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Unha única manga máis contabilizou onte o Mundial de Optimist que se está a disputar en augas de Nova Zelanda coa participación de cinco regatistas españois. Entre eles o integrante do Liceo Casino Adrián Domínguez, que asinou un posto 40 entre a frota de 210 unidades do campionato.

Acadada a sexta manga do programa, os competidores puideron proceder ao seu primeiro descarte na clasificación provisional. No caso de Adrián Domínguez, o arousán suprimíu o 57 da segunda manga computada, a que o martes abría a segunda xornada do Mundial. Sen ese 57, o galego suma 133 puntos, que o fan caer do posto 80 ao 86 da xeral que está a dominar o deportista de Singapur Ryan Lo con 15 puntos, seguido polo holandés Bart Lambriex con 23 e polo peruano Javier Arribas con 26.

Óscar Pijoán, con 80 puntos tras entrar no posto 21 na única saída ao mar da terceira xornada, é o mellor español da clasificación provisional, na que aparece no vixésimo oitavo lugar. Joan Cardona é o segundo mellor regatista hispano en Nova Zelanda con 122 puntos e o posto 74, con Adrián Domínguez terceiro, Carla Munte cuarta con 159 puntos e o posto 114, e Alejandro Barnuevo pechando o combinado español con 180 no casilleiro 129.