San Sadurniño participa nas xornadas sobre o proxecto europeo «Acordo Rural»
SAN SADURNIÑO
Un encontro destinado a compartir experiencias en materia de innovación
29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e as concelleiras Araceli Bellas Castro e Raquel Piñeiro López participaron onte e tamén o farán hoxe no encontro Acordo Rural - Liderando a transición desde os municipios rurais, que se celebra entre a cidade de Ourense e o municipio de Carballeda de Avia. A iniciativa, organizada polo Concello de Carballeda de Avia e a Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da FEMP, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, reúne a responsables institucionais, a representantes do mundo da investigación e a entidades e concellos de España e Europa para compartir experiencias de innovación e resiliencia no medio rural. O primeiro día centrouse en analizar modelos de asentamento no rural.