Polas vítimas da gripe española

Eduardo Veiga EN MEMORIA

PONTEDEUME

Cúmprense cen anos da epidemia que causa a morte de máis de 200 persoas en Pontedeume

25 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Cúmprense 100 anos da chamada epidemia gripe española, da que morreron máis de 40 millóns de persoas. En Pontedeume, máis de 200, entre eles o médico titular do Concello e inspector municipal de Sanidade, Don Leonardo Rosado Punín. O Concello celebrou sesión suplicatoria o día 28 de outubro de 1918, en recordo e memoria por dito falecemento, e por unanimidade acordou consignar en acta a dor xeral da que participaba sentidamente o Concello pola morte de dito funcionario, que durante 34 anos desempeñou o cargo. A súa morte foi debida ao contaxio da epidemia, nos servizos extraordinarios que lle encomendaron. En recordo de todos eles. D. E. P. 1918-2018.