O adeus de Agustín Fernández Paz

La Voz

PONTEDEUME

08 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O final da obra «O soño do merlo branco», publicada no 2016 trala morte de Fernández Paz, é para os seus amigos a súa despedida: «Porque ese é o destino que desexo para min: ser a Merla Vella que lles fala aos merliños na hora do solpor. Quero aprenderlles os nomes das cousas, contarlles as historias máis fermosas, facelos rir e emocionarse cos meus relatos. Será o meu xeito de descubrirlles todas as marabillas que a vida garda para nós. E así seguirei vivindo durante moito tempo na memoria dos outros, tal como agora viven as palabras de Grou dentro de min».

17 de febreiro. O Auditorio de Caranza acollerá unha homenaxe na que se proxectarán traballos audiovisuais dos centros da comarca. Nos dous nos que ensinou Fernández Paz (Unión Mugardesa e Pontedeume) terán unha presenza especial. Tamén haberá actuacións musicais de Bellón Maceiras, Guadi Galego, Mini e Mero, A banda da loba, María Manuela, Xabier Díez e Miro Casabella. A entrada é libre con invitación.

 Exposición. No Auditorio os días 15, 16 y 17.