Música e lecturas no xaneiro da Piruchela en Neda, cun podcast con Xabier Díaz neste xaneiro
NEDA / LA VOZ
NEDA
Tamén presentará o seu libro Xosé Manuel Felpeto e proxectará o seu documental Paco Faraldo
07 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Para este xaneiro cultural, a asociación Piruchela en Neda (na rúa Trovador Esquío) aínda ten por diante sete actividades. Xa este domingo presentarase o proxecto de Manda Carballo (Vilarmaior) cos seus produtos ecolóxicos vencellados á Fusquenlla.
O día 16, Paco Faraldo proxectará o seu documental Fado: mitos e ritos. E o 18, haberá un podcast en directo do músico Xabier Díaz acompañado por Pepe Cunha.
O 24 de xaneiro Gutier Álvarez ofrecerá un concerto, o 25 haberá unha actividade interxeracional para buscar obxectos pola contorna. Xosé Manuel Felpeto presenta o seu libro Memorias dun porco teixo o 30, e o 31 hai un xantar.