Narón solicita á Xunta axuda para cinco accións formativas: de montaxe de mobles a emprego doméstico
NARÓN
Os interesados xa deben preinscribirse canto antes
31 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Narón solicitará á Consellería de Emprego o financiamento de cinco accións formativas do sistema de formación profesional en grao C, para desempregados. Se impartirán en modalidade presencial, en horario de mañá, de cinco horas ao día e con 15 prazas para cada curso (con familias incluídas en certificados profesionais).
Haberá formación en empresa e un curso básico de prevención de riscos laborais. Os cursos son de montaxe de mobles e elementos de carpintería, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo, xestión de residuos urbanos e industriais, e emprego doméstico.
Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar estes cursos se preinscriban a través da web: diplos.xunta.gal ou acudindo directamente ao entrechán do Concello (preguntar por Ánxela) ou ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.