O proxecto, no que participan 23 concellos, busca a promoción da lingua entre os máis novos
11 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Ferrol e Narón forman parte do grupo de 23 concellos galegos do programa Apego, de normalización lingüística. O concelleiro ferrolán de Participación, Álvaro Montes, asinou o compromiso municipal con este proxecto nun acto celebrado o sábado no centro Ágora, na Coruña. Apego, cun ano de vida, pretende «poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e facilitala con apoio, información, recursos e programación de actividades». Participan seis das sete cidades galegas e chega a máis de 1,1 millóns de persoas.