Haberá sorteos de tres lotes de produtos entre os clientes dos postos
31 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O espectáculo humorístico Saaabor!, de Félix Rodríguez e Fran Rei, daralle outro ambiente ao mercado desde sábado en Moeche. Esta actuación chega da man da rede Dinamiz-ARTj, impulsada polo Instituto para la Transición Justa e a Fundación Ciudad de la Energía.
Será ás 12.30 horas, e ao remate, o Concello e os postos que participen sortearán tres lotes de produtos entre a xente que comprara nos distintos postos pola mañá.
A oferta do mercado é ampla, con alimentos frescos e elaborados, como pan, empanadas, hortalizas, froita, mel, queixos ou chacinas.