A matrona Paula Sánchez Flores dirixirá a sesión informativa
04 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Mañón ofrece unha sesión sobre mulleres e saúde, o venres, día 7 de novembro, dentro do programa Outono Saudable. A matrona da área sanitaria da Coruña Paula Sánchez Flores impartirá un taller (16.30 horas).
Nesta sesión tratarase de mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos que experimentan as mulleres e a prevención de enfermidades con perspectiva de xénero.
Para participar no obradoiro, que se desenrolará no centro sociosanitario de O Barqueiro, hai que inscribirse antes a través do correo igualdade@manon.es, nas oficinas municipais ou chamando ao 681 147 029.
A Consellería de Sanidade colabora con este programa do Concello de Mañón, a través da Escola Galega de Saúda para a Cidadanía do Servizo Galego de Saúde.