Juan Manuel Ramos: «Nas empresas da comarca xa se limpaba moi ben antes do covid-19»

Manuel Arroyo Alves
M. Arroyo FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

O experto no sector considera que os negocios locais se equipan de forma axeitada para a entrada na fase 3

08 jun 2020 . Actualizado a las 10:18 h.

Juan Manuel Ramos (Lugo, 1968) é o xerente de APC Servigalicia, unha empresa con presenza no polígono naronés de Río do Pozo que serve a firmas de todo o territorio en materia de hixiene e limpeza. Nos últimos meses de crise sanitaria esta actividade desenvolveu un papel fundamental de cara a retomar o pulo en todos os sectores.

-¿Como están as empresas da comarca para a fase 3 en canto ás medidas de desinfección?

-Moi ben. Saben o que teñen que facer. Estáselles explicando o protocolo e coñecen os produtos que teñen que utilizar, tanto nas empresas de limpeza coma nas empresas de produción que contan con servizo propio.

- ¿Cales son os produtos máis demandados agora?

-O xel hidroalcohólico. E logo hai un produto, Descol, que é o máis demandado en superficies e mobiliario. É un desinfectante de contacto, moi rápido, que en cinco minutos está listo.

-¿Cal é o desembolso medio?

-A industria alimentaria ten máis gasto que outro tipo de empresas. É difícil calcular porque entran moitos factores.

- Pero é un gasto extra

-Si, claro. Pero non sempre é así. Hai empresas nesta comarca que xa limpaban moi ben e usaban bos produtos antes do covid-19.

- Logo ¿xa había demanda na zona destes desinfectantes específicos antes da crise sanitaria?

-Si. De feito, antes do coronavirus, o produto líder da nosa lista era Declornet. O máis demandado en Ferrolterra xa antes de ter constancia da pandemia. É para o chan, a base de cloro e, efectivamente, cumple coa normativa de virus. Se utilizaba xa moito en superficies de alimentación.

-¿Como foron as primeiras semanas? ¿Houbo desabastecemento?

-Non. O problema foron os pedidos de grandes cantidades. Pero dosificouse. Non houbo problema. Si que pasamos tres semanas nas que escaseou o alcohol sanitario. Por desgracia, estoupou unha fábrica en Barcelona e primeiro había que servir a Sanidad e despois ó resto.

-¿E as máscaras?

-Agora os prezos están moi asequibles, tanto nas mascarillas como nas pantallas. Pero hai moito despiste e moita falta de información. Non é o mesmo unha mascarilla cirúrxica que unha FFP2 ou que unha KN95. Sabemos que en xullo e agosto virá xente doutras comunidades. Hai que protexerse.

-¿Que recomendaría?

- Eu recomendo o uso de pantalla. Ainda que hai que levar mascarilla igual, pero sempre vas máis protexido. Sobre todo cando entras en áreas complicadas, como centros de saúde ou zonas con abundante tránsito de xente.