«Hai moito despiste e falta de información no uso de máscaras»

La Voz

FERROL

08 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

-¿Como foron as primeiras semanas? ¿Houbo desabastecemento?

-Non. O problema foron os pedidos de grandes cantidades. Pero dosificouse. Non houbo problema. Si que pasamos tres semanas nas que escaseou o alcohol sanitario. Por desgraza, estoupou unha fábrica en Barcelona e primeiro había que servir a Sanidad e despois ao resto.

-¿E as máscaras?

-Agora os prezosestán moi asequibles, tanto nas mascarillas como nas pantallas. Pero hai moito despiste e moita falta de información. Non é o mesmo unha mascarilla cirúrxica que unha FFP2 ou que unha KN95. Sabemos que en xullo e agosto virá xente doutras comunidades. Hai que protexerse.

-¿Que recomendaría?

- Eu recomendo o uso de pantalla. Ainda que hai que levar mascarilla igual, pero sempre vas máis protexido. Sobre todo cando entras en áreas complicadas, como centros de saúde ou zonas con abundante tránsito de xente.