Canto ben nos faría ver a obra de teatro O Mercador de Venecia. O xudeu Shylock, cheo de odio, non esquece nin un minuto todos os desprezos dos cristianos. Mentres Grecia debe tropecentos millóns non deixamos de facer chistes dos calvinistas (ou xudeus) do norte. En correspondencia os do norte non paran de mofarse dos preguiceiros sureños, da súa inconsistente e mala vida... A película Zorba o Grego moito gustou pero deixou mala fama sobre o estilo «viva la virgen» dos países do sur. «E agora se acordan da democracia, para botarnos en cara o noso vicio pola seriedade cos pagarés. Eles que tamén inventaron a tiranía». Na obra de teatro O mercador de Venecia hai prexuizos de uns para os outros, pero non nos dispersemos, no medio está a débeda impagada e impagable. Shylock prefire non cobrar e disfrutar mirando como morre humillado o seu deudor: Cobrar a libra de carne. ¿Serían como Shylock Francia e Alemaña, cando prestaron sen cálculo á derrochadora e militarizada Grecia? ¿Queriana ter dominada, humillada? ¿Un aviso para paises deudores? Os comentarios dos sureños arden en improperios contra os Shylock de hoxe. Os comentarios norteños insuperables en odio e desprezo. Para eles somos os porcos. Un repaso aos periódicos alemanes e o susto non se nos vai en cen anos. Na obra de Shakespeare tan irresponsable é quen pide préstamos como quen presta. E agora me acordo cando as cidades veciñas nos chamaban aos de Ferrol «parvos» e «pouco políticos» porque non nos metiamos en débedas, en obras públicas. Lembro estes comentarios e o noso complexo. No século de Shakespeare, Felipe II (¿o Prudente?) decretou cinco bancarrotas. Ou imperio ou pago da débeda. Quedou a débeda e perdeuse o imperio. Daquela o antisemitismo e a obsesión pola pureza de sangue eran «marca España».