Fene aposta por un ascensor e un paso elevado no tren de Perlío

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

JOSE PARDO

Os servizos técnicos valoraron seis propostas facilitadas por Adif

19 may 2023 . Actualizado a las 11:09 h.

A proposta trasladada polo Concello de Fene a Adif para salvar «o paso indebido sobre as vías do tren en Perlío» consiste nun ascensor e unha pasarela elevada.

Os servizos técnicos valoraron seis propostas facilitadas por Adif «para comunicar con seguridade a rúa das Cañotas coa do Cruceiro». A administradora da infraestrutura ferroviaria e o consistorio asinarán un convenio de financiamento por 485.000 euros.

Ese espazo na liña Betanzos-Ferrol é o principal paso desde a metade de Marqués de Figueroa cara ao Cruceiro de Perlío.