Cabanas recupera a memoria veciñal do último século

LA VOZ CABANAS

CABANAS

O Concello presentou hai uns días os tres últimos libros, das parroquias de Cabanas, Laraxe e Salto

09 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cabanas presentou hai uns días os tres últimos libros da iniciativa Memoria dun Século, que permitiu «reelaborar» a memoria persoal dos veciños, en especial dos do rural, «articulando en conxunto o relato colectivo de cada parroquia».

As tres últimas foron Laraxe, Cabanas e Salto. «Con este proxecto quixemos recoller o tesouro das lembranzas a través de obradoiros, para compoñer unha tea coa historia de todo o concello», indica a concelleira de Igualdade, Paula González.

Os libros distribúense de xeito gratuíto no consistorio local ou escribindo ao enderezo electrónico igualdade@cabanas.gal.