Candidato de Son de Ares
02 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.É a segunda vez que concorre nunha lista para as eleccións municipais -a primeira foi no 2007 como número 5 do BNG-, a primeira que aspira a ser alcalde de Ares cunha formación de unidade popular. «Había unha demanda da cidadanía que esixe un cambio na política de Ares», afirma Gustavo Pita (Ares, 1974). Pita leva 17 anos traballando en Forestal do Atlántico -«estiven un ano despedido por acción sindical e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o desestimou o despido como nulo»-, e é afeccionado á música. «Estamos retomando o proxecto Barrok co que tocamos con grupos como Os Suaves ou Barricada».
-¿Cómo xurdiu Son de Ares?
-É unha coalición de unidade popular con Anova, Esquerda Unida e xente de Podemos. O máis importante é que un 80 % da xente é independente, xente das diferentes parroquias.
-¿Cales son os puntos máis destacados do programa?
-Un punto moi importante é a participación cidadá. Esiximos facer un regulamento de participación cidadá, ser capaces de debater e dialogar para acadar decisións políticas. Tamén queremos aumentar a igualdade social, apostar porque haxa partidas moito máis amplas de axuda social. Outros dos nosos obxectivos son devolver ó Concello o que é público. Non avogamos por privatizar servizos públicos como poden ser por exemplo a axuda a domicilio. E estamos en contra das asesorías externas.
-¿Qué obxectivos se marcan no 24-M? ¿Cree que poderán ter representación municipal e pactarán con outros partidos?
-Presentámonos indubidablemente para gañas as eleccións. Partindo diso, teremos que aceptar os resultados da cidadanía. Despois, o tema de pactos o dirán os programas e tería que verse. Aínda que por min nunca apoiaría un goberno do PP.
-¿Cómo ven a situación do Concello de Ares?
-O PSOE leva gobernando oito anos e necesitamos estar dentro para coñecer realmente cómo está a situación económica, social, cultural... Creemos que hai certo escurantismo. Os últimos datos que temos é dunha débeda de catro millóns de euros no 2012, e o que podemos saber é polo que din outros grupos políticos na oposición que tampouco sabemos si reflexa toda a realidade.