Esmelle acollerá o sábado o acto central do Día das Letras Galegas en Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

A celebración incluirá actuacións de música tradicional

15 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural de Ferrol celebrará este sábado o acto central en Ferrol do Día das Letras Galegas, no que participa o Concello. Nesta edición, desenvolverase no local social de Esmelle, cun acto que comenzará ás cinco da tarde e que incluirá as actuacións das cantareiras de Gradaílle e do Real Coro Toxos e Froles, ademais do grupo Encrucillada Música.