Os nenos naroneses poderán socializar máis en galego

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Actividade infantil nun colexio de Narón
Actividade infantil nun colexio de Narón JOSE PARDO

O proxecto Guizo vai adicado a rapaces de seis a 12 anos

10 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Nace un novo proxecto para a socialización dos nenos naroneses en galego, baixo o nome de Guizo. Contará xa con tres obradoiros, para rapazas e rapaces de seis a 12 anos. Iniciaranse este mes, para continuar en marzo e abril. E como inscrición previa só se necesitará acudir ao punto de celebración, no Centro Cívico Social do Couto.

Segundo explica a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, «trátase dunha proposta impulsada dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón co que ofrecemos un espazo de lecer para familias que xirará ao redor do contacto coa natureza e do seu coidado, sobre o respecto ao medio ambiente». Poderán participar un máximo de doce menores, que deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

Os obradoiros serán sobre xoguetes sonoros, follas de papel e cociñado de xabrón. E pretenden «fomentar a creatividade das nenas e nenos, e facer que valoren a importancia de coidar a natureza».