Cabanas recorda o Nunca Máis cun documental

la voz CABANAS / LA VOZ

FERROL

 Nunca Máis  a principios del 2003
Nunca Máis a principios del 2003 Oscar Vázquez

A proxección de balde será no CIMM o xoves 24 de novembro

19 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A proxección terá lugar no Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas o vindeiro xoves, 24 de novembro ás 20.00 horas. O documental 20 anos de dignidade é unha peza dirixida por Xosé Aragunde que conta co apoio da Plataforma Nunca Máis.

A obra recolle testemuñas de diferentes persoas que participaron de xeito directo na xénese de Nunca Máis, mais tamén da xente do mar que posúe unha visión directa da catástrofe do Prestige, acontecida nas costas de Galicia hai agora dúas décadas, achegando un balance destes últimos vinte anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo, pero as persoas interesadas en asistir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo a cimm@cimmcabanas.gal ou chamando ao 674 357 478.