A Xunta limpa tramos do río Condomiñas e do rego das Pontigas, en Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

FERROL

CEDIDA

Augas de Galicia executa estes traballos, dentro do programa de conservación fluvial

25 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Augas de Galicia executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego das Pontigas e do río Condomiñas, en Cedeira. As actuacións desenvólvense ao longo de máis de dous quilómetros de canle, ao seu paso polos lugares das Pontigas e da Acea, como indican desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Retiran árbores, biomasa e pólas, para evitar atoamentos, ademais dunha roza selectiva en puntos con maleza no acceso aos ríos. É parte do programa de conservación fluvial.