Confesión

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

21 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Confeso que me equivoquei. Non se debe facer o que unha vez fixen y conto agora: Saía do Instituto e un alumno berrábame: «Cornudo». Así un día e outro día. Eu optei, de primeiras, por non facer caso; oidos xordos. O tipo, alumno dos maiores, confundido no grupo, berraba en canto me vía sair: «cornudo»... No grupo non había ninguén que lle dixera: «para, non sigas... Que che fixo este profesor? Por que o insultas?» Mesmo penso que lles prestaba aquela situación. Cando comprobei que calando, aguantando, facendo como que non oía, non acadaba que aquel tipo deixara de insultarme, optei por enfrontarme directamente. Unha tarde, escoitado o «cornudo» de rigor, din volta; o grupo abriuse en silencio y dixenlle ao insultador. «Atende o que che digo. Teño na carteira cinco mil pesetas. Agora mesmo baixo ao «muelle». Sei dunha banda. As cinco mil pesetas van ser para que che crucen a cara. Cha marquen para sempre e che dean unha malleira, telo gañado. Así que desaparece e mira por ti». O tipo desapareceu uns días do patio do instituto. Non volvín a escoitar «cornudo». Tampouco gastei as cinco mil pesetas. A banda do muelle (un farol) non tivo que facer o traballiño mafioso. Fixen mal. Confeso este erro moral. Non puxen a outra meixela. Nunca fagades o que fixen eu diante dos escraches, acosos, insultos. Javier Cercas. Isabel Coixet, Alber Boadella non fagades nunca o que eu fixen. Xa que logo o farol, inmoral, non funciona sempre. Aínda que a min si me funcionou. É o azar.