Culto a difuntos

Eduardo Fra Molinero

FERROL

02 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Oque pasou coa morte do cantante Elvis Presley é de nota e sería ben estuadialo polas constantes litúrxicas. Ás veces pensamos que moi mal acabadiños andamos que repetimos seguido os cultos e loas a defuntos. É de sobras coñecido que o cantante Elvis foi na vida derivando cara a droga e outros excesos. Era maltratador das mulleres e lle daban ataques violentos e máis algúnhas extravagancias. En cada cidade mercaba uniformes dos gardas locais e polas noites se puña a dirixir o tráfico. Nalgún caso foi collido pola autoridade, pero esta despois non sabía que facer coa celebridade. Unha vez morto as multitudes quedaron coma orfas de non sei que. E comezou a agromar un culto funerario polo defunto idealizado en todo. Xurdíu mesmo a crenza da resurrección e que Elvis segue vivo neste mundo, non sei se cantando ou facendo outros labores como dirixir o tráfico. A xente acode á súa tumba a rezar e a pedir favores. Alí hai un despacho de vodas que compite coas Vegas. Tamén teñen disposto un servizo de bautismo para acadar unha nova vida con experiencias máis plenas. Agora o lugar, Graceland, Memfhis, onde está a casa e tumba de Elvis non quere falar de fenómenos antropolóxicos, pois o negocio vai vento en popa. A Defunta Diana de Gales non tiuvo a mesma sorte que Elvis. O irmán de Diana procurou montar as pompas do culto funerario, pero en algo fallóu porque a cousa non medrou como se esperaba. Os custes superaron aos ingresos. Ven aí o fenómeno Maradona. Avisados estamos.