Arrodeados de pobres


Unha cousa que non me entra na cabeza: O desexo de vivir arrodeado de pobres. Pobres de campo, pobres nas rúas (traballadores e de pedir), pobres na casa (de servir). Pobres cando facemos turismo por países pobres. Este desexo de estar arrodeados de pobres débese corresponder coa ilusión de sermos superiores, como cando subimos a unha montaña para ver a paisaxe aos nosos pés. Había uns pobres labregos que subían aos cotos dos Barrios de Salas e un deles exclamaba coma en éxtase: «Mirade, todo eso é noso». A este pracer estraño, (estraño para mín) váille a frase universal: «Sempre houbo pobres e sempre os vai haber». A Historia paréceme que non di o mesmo. Botemos contas: A humanidade foi cazadora durante 40.000 mil anos (por dicir unha cifra.) Entre os cazadores non hai probas, restos, sinais de pobreza. A riqueza o primeiro que fai e dar sinais de superioridade. As sociedades de pastores e agricultores sí que teñen ricos e pobres. Botemos 8.000 anos. As civilizacions (cidades) claramente teñen ricos riquísimos arrodeados de pobres. Hai sinais: casas grandes, sepulturas inmensas, estatuas, pinturas, vestidos, xoias, escritura, xeometría para medir propiedades... e ao lado casetos, cabanas, escravos, servos sumisos con medo, soldados de a pé para as guerras... Que beneficio dá verse arrodeados de pobres? Que disfrute que nos leva a dicir que o salario mínimo é unha desgraza? Un señor da ONU veu e díxonos que tiñamos moitos pobres.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Arrodeados de pobres