Na historia de España hai unha boa serie de traidores. É un producto que non se dá mal. Aquel bispo don Oppas que facilitou o trunfo das tropas musulmanas (717), ou o propio príncipe don Carlos ( fillo de Felipe II) que mantiña contactos segredos cos rebeldes holandeses. Este príncipe, algo psicópata, era moi consciente dos seus actos. A Historia Compostelá ( sec. XII) conta que Rabinado Núñez e Pérez Gundestídez, rebeldes, contrataron a soldo un barco de peregrinos ingleses que ían a Xerusalén, para que piratearan a costa galega. Os ingleses practicaron terrorismo e bandoleirismo a conciencia. Por sorte uns de Iria e Santa María da Lanzada que marchaban nas barcas ao asedio do castelo de Lodio (se rebelara contra a raíña Urraca e Xelmírez) albiscaron aos ingleses e foron contra eles. A batalla foi a frechas, a cantazos e a navalladas. Houbo abordaxe. Os ingleses carretaban tanto botín que os remos non lles daban para fuxir. Houbo prisioneiros. O bispo Xelmírez reclamou o seu 20% como armador das barcas e escolleu quedarse cos ingleses presos. Pero os liberou baixo o xuramento de que nunca máis habian de piratear a cristianos. A traizón de Rabinado e Gundestídez contratando tropas e intervención extranxeira é algo que se repite. O nacionalismo catalán ven de buscar contactos con espías rusos. Nos contactos sempre hai ofertas tentadoras. Se vences na guerra os contactos son actos de intelixencia heroica. Pero se perdes entras na lista deshonrosa da traizón.