Corpos santos


Mentres trasladan o corpo de Franco do mausoleo a un cemiterio normal é acerca da reliquia do apóstolo Santiago da que temos quitado grandes gaños espirituais e económicos. Na Historia Compostelá fálase da tradición: «trouxeron o corpo e máis a cabeza nunha barca aparellada pola man de Deus de Palestina a Galicia». En Roma cautelosos dicían: En Compostela onde están, segundo se cre, os restos do Apóstolo. En Galicia por contra, a crenza é seguridade. O bispo Teodomiro estaba seguro e así llo contou ao rei de Asturias, que tamén deu por certa a Inventio e os milagres das luces. Que os restos sexan auténticos é importante. Espero que dentro da tumba de Cuelgamuros estea certamente o corpo de Franco e non outros restos. Digo tal porque no caso dos faraóns hai tumbas falsas para despistar aos numerosos ladróns de tumbas. E non porque a de Franco teña ouro e xoias. Os herdeiros xa se encargaron de apañar todo, para que Franco marchara ao mundo espiritual lixeiro de equipaxe. Se os restos dun corpo santo (é importante crer que é santo) son certos hai posibilidade de milagres e daquela temos un problema ou unha fortuna segundo a perspectiva.

Non acerto a comprender por qué aos incrédulos lles amola a fe de outros. No caso de Franco hai fe e pode logo haber milagres e aparicións.Estamos a tempo.

Faltan detalles como a presencia de pastores. Os pastores cadran ben ás aparicións. Tamén un cabalo branco e as luminarias.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Corpos santos