O espíritu olímpico de Couzadoiro

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

CEDIDA

A última edición das Olimpíadas Rurais congregaron a preto de 500 deportistas e unha morea de público

11 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Preto de 500 persoas, entre adultos (400) e nenos, apuntáronse a recoller carozas, lanzar paxes, correr coa carretilla por parellas, subir ao eucalipto, refegar o millo, cortar con tronzador, tirar da corda ou correr en sacos coa familia, nas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, que desbordaron á organización, obrigada a cortar a inscrición nas probas ao chegar aos 400, pola avalancha de xente. Esta iniciativa da asociación veciñal desta parroquia ortegana botou a andar en 2013 e cada ano congrega a máis xente.