Candidato do BNG á alcaldíade Ortigueira
14 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.«De luces e sombras». É o balance que fai Carlos E. R. Legarreta (Ortigueira, 1971), profesor e director do IES, e candidato á alcaldía polo BNG. «Viñamos dun goberno contra o interese xeral, e agora podemos falar de xestión moi mellorable. Algo avanzamos», conclúe. O Bloque propón «mellorar a organización xeral do Concello para que sexa un servizo moito máis efectivo á cidadanía». Impulsar «proxectos en pro do ao rural, coa produción de calidade e ecolóxica; e organizar o territorio para mellorar o seu atractivo e fomentar políticas de rehabilitación de cascos históricos e núcleos rurais senlleiros». Sobre posibles pactos, declara: «Para nós hai dous PP, e o BNG non vai formar ningún goberno de coalición con ningún deles».