O Éxtase de Santa Teresa

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

26 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Fun a Roma e visitei a Capela Cornaro para ver o Éxtase de Santa Teresa de Bernini. Estaban a restaurar a obra e había un andamio cuberto de plásticos. Unha restauradora caritativa apiadouse e deixoume subir ao andamio. Contemplei de cerca o rostro da Santa case lle toquei un peíño. Reprimiumo o sorriso do anxo, un cupido picareiro.

A inspiración das obras de arte ás veces non teñen nada que ver coa intención da encarga. A Cidade da Cultura de Santiago non significa que o presidente Fraga tivera un amor desmedido pola cultura. ¿Qué é o que este home tiña na cabeza ademais do estaribel completo do Estado español? O veneciano cardeal Cornaro quería ser papa. Cousa nada extravagante nun cardeal. Pero era veneciano. ¡Ai, República Sereníssima, tan especial e tan súa!

Cornaro gastou na capela funeraria (é o que é) máis cartos do que nunca se gastara. Contratou o mellor artista, Bernini ( «o arquitecto de Deus») Elixiu a Igrexa da Victoria dos carmelitas descalzos, orde española. Había que buscar votos e apoios da Coroa española. O tema: o éxtase místico dunha santa tamén española. Santa noviña e recén proclamada patroa de España... todo entraba dentro da promoción do Cardeal Cornaro, a quen nunca se lle vira nin contemplativo nin especialmente devoto da Santa de Ávila. Agora ninguén se acorda das arelas do cardeal. A obra de Bernini é o que queda.

Á Cidade da Cultura fáltalle algo, unha emoción, un santo dos croques. Tampouco estoulle pedindo un éxtase...