Fauna salvaxe: xabarín e lobo

Manuel Pita Méndez TRIBUNA

FERROL

29 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Estamos en plena época de producción de millo. A planta está coa súa mazaroca a pleno rendemento e quen mellor o sabe é o xabarín. Fai uns día chamoume un veciño para que vira unha finca de dez ferrados arrasada prácticamente no seu interior. O xabarín é moi astuto. Entra na finca e non come por fóra, para dar a sensación de que non está ou estuvo alí. Arrasa dentro e dende fóra parece que non pasou nada. Este home, de certa idade, choraba vendo a desfeita porque este millo utilizao para manter un porco, unhas galiñas e unos polos e axudarlle con isto á súa pensión de 672 euros mensuais. Animeino a denunciar e díxome que xa chamara ao 112 e a resposta foi que para que iba a denunciar se non lle iban dar nada. Quen me dera ser listo, díxome, e poder facerme co virus da peste porcina africana. O que fai a desesperación. Non hai ninguén máis respetuoso co medio que quen vive del, pero se o deixamos abandoado á súa sorte na súa reacción só caben dúas opcións: ou el (xabarín ou lobo), ou eu (persoas afectadas).

Estamos coa propaganda de fixar poboación no rural, pero curisoamente falas con eles e queren irse. Pero como dí o humorista Roberto Vilar: «Marchan porque teñen que marchar».

Supéraos a impotencia. Si o leite e a carne teñen o mesmo prezo de fai vinte anos e todo o que se necesita para producir se actualizaou (maquinaria, combustibles, piensos, sulfatos, abonos...) e a miores si o que producen está a expensas da fauna salvaxe ¿cómo poden vivir? Os promotores desta propaganda ¿onde teñen os seus fillos? Posiblemente estudiando en boas universidades ou facendo másteres no extranxeiro, e cando esteñan ben situados voltarán para restaurar a casa da aldea e na fosa de purín facer unha piscina e así «fixarse no rural», pero non para vivir del.

Quixera enviar un SOS as administracións, dende concellos, diputacións, Xunta e quen haiba máis arriba. Si a fauna salvaxe é de todos, temos que mantela todos, indemnizando o coste real de producción por ferrado de millo ou ferrado de pastizal, no caso do xabarín; ou o coste real da reposición, no caso do lobo cando se trate de ovellas, xatos ou cabalos.

A indemización ten que cobrarse en trinta días dende que se causa o dano, porque o que ten que comprar forraxe ou repoñer animais non pode agardar un ano. Aínda que haiba xente de cidade ou políticos de despacho que non o saiban, os animais comen todos os días do ano.

A xente afectada por estes animais, que denuncie, aínda que lles digan que non lles van dar. Xa saben como se move o noso país. Se non hai denuncia, non hai problema «Y España va bien».