Cicerone novato

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

22 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Observar viaxeiros é un bo exercicio antropolóxido. Unha vez chegou xente de meu pobo a Compostela. Medio excusión, medio peregrinación. Dous autocares «Pelines» petados. A empresa Pelines é seria profesionalmente. Meu pai meteume de «cicerone» para que lles valese de guía na catedral. Eu por ser novo coñecía só a medias o «percal» da tribu astur.

Daquela ademais de novo era un inconsciente. Comezamos polo Pórtico da Gloria subindo dende o Obradoiro pero a escaleira barroca deixou a moitos tocados e ao chegar arriba comezaron a pedir a voces un grolo da bota de viño. Que as traían e varias. De tinto e branco. Diante da enorme fachada pasaron as botas para susto e sorpresa doutros turistas. Bebendo a galleta eran uns artistas. Dentro do templo sobráballes o cicerone. Ían sobrados en comentarios:. «¡cuántos santines!». «Mira este qué gracioso».

No «santo dos croques» temín pola integridade da escultura Arremeteron nel coma mineiros. As naves parecéronlles escuras e todo se foi en comparalas coas da catedral de León. Imposible falar das diferencias entre románico e gótico. Cando chegamos ao Apóstolo para as piadosas apertas eu sen saber cómo xa andaba perdido nun coro de salmos e laudes ao pulpo á feira, aos pementos de Padrón, ás empanadas de zamburiñas, ás necoriñas e mexillóns ao vapor... Seguramente foi un erro facer a visita antes de comer. Unha excursión de bercianos en Autos Pelines é un espectáculo en si mesmo que pertence ao terreo da antropoloxía.