Unha frase importante. Podemola a escoitar seguido na boca de tipos que están de volta sen ter chegado. Pois ben, contáronme que era habitual das asembleas de Bazán. Alguén que chegaba tarde e guindaba sen máis: «de qué vai que me opoño». Unha frase que parece escrita como modelo de conduta, igual que a da entrada nos cuarteis: «Todo por la Patria». Pois si, os políticos téñena marcada, tatuada no musculatura do cerebro. A oposición que chega case sempre tarde alégranos o día co categórico «De que vai que me opoño».
Había que facer unha lista -a memoria é preguiceira- das oposicións clamorosas. Nestes días de nevaradas chegou a UME con palas e mantas. A UME está aí nas nosas vidas, bendita sexa, pero podía non estar se por «eles» ( a oposición) fora. Cando se fundou machucaron a idea. Na súa cabeciña cabía tan só «De que vai que me opoño».
As fotos destas meteduras de pata, a pata ben metida na lama... Podían ser un espectáculo exemplarizante. Sei que vende máis o político golfo. Son uns artistas. A golfería ten prestixio. Hai que recoñecelo. Segue quitando votos. Lembro perfectamente a chegada de visitadores políticos a provincias. ¡Qué estilo! ¡Qué seguridade! Tarxeta visa ouro. ¡Qué superioridade! ¡Qué xeito collendo a copa de tinto ( ás veces wisky) ¡Qué doutrina! Habiana que seguir a cegas. Os políticos golfos arrasaron. A algúns vémolos agora no banquiño dos xulgados. Pero os «de qué vai que me opoño» seguen coma lapas. Son o ADN do sistema.