O demo toleu


ORacing non para de darnos malas tardes. Eu miro a Ponferradina e comprendo. Un amigo italiano leva un mes coa bufanda que lle tapa a boca. Di que está afónico, pero é que fixo a promesa de non falar. Italia fóra do Mundial de Rusia. O italiano considera os problemas do Racing (e máis da Ponferradina, vostedes desculpen) unha miudenza. Quitou a bufanda e explicoume, por fin falou, que o mundial de Rusia sen Italia corre un serio risco nas súas esencias. Italia é o demo do fútbol. Un mundial sen demo visible, un descontrol.

Díxenlle que xa abondaba coa presencia de Putin, pero en Italia teñen a Putin como un ser moi simple. Un aprendiz. Lembroume o mundial de España. Gañou Italia 2-0 a Alemaña. Os nomes de algúns xogadores italianos eran elegantes. Soaban a cardeais do Vaticano. E o presidente Pertini celebrando no palco... Foi o triunfo do demo na súa plenitude. Díxome finalmente que a cuestión pasara á mafia. Non me especificou se á de Nápoles ou á de Sicilia. Aínda hai unha fenda pola que meterse. Pregunteille se o demo italiano, agora no paro, podía influir no asunto do Racing (e máis da Ponferradina, desculpen) pero cando me tiña que contestar entraron no café alumnos de italiano da Escola de idiomas e volveu calzar a bufanda. Quedei amolado.

Á racha do Racing (e da Ponferradina) haille que engadir as luces de Nadal. No PSOE local saltaron alarmas de indignación. ¿Ou foi polo salario mínimo? ¿Pola planta de Gas? Xa sei onde está o demo italiano. Pero tolo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O demo toleu