Agora chámase nitens


Pois parece ser que o eucalipto segue a ser un dos males da comunidade madeireira por excelencia de todas as que conforman o Estado. Neste caso o problema chámase eucalipto nitens, unha especie que veu a reforestar zonas desertas ou abandonadas dos nosos montes. E noutros casos a substituír unha plantación castigada por pragas que naide combate de forma axeitada.

Agora preténdese prohibir e regular as súas plantacións nos montes dos máis de 600.000 propietarios privados, que xestionan da maneira que ven máis produtiva, o cal repercute en termos uns montes ordenados e ben xestionados, con varios selos de certificación que garanten a súa sustentabilidade e respecto co medio ambiente. Con esta prohibición o único que se pode conseguir é que os propietarios, vendo a imposibilidade de sacar adiante outro tipo de plantación, por falta de valor comercial, ou por ser imposíbel loitar contra unha praga coma a do goníptero, abandonen as propiedades e sexan pasto dos lumes e inacesíbeis para que calquera poida desfrutar deles. Os ecoloxistas de montes alleos e a Administración contan agora cun forte aliado que promove a súa prohibición: Ence. Di que non lle é tan rendíbel e por iso aplica descontos, e a pesar diso aínda seguen facendo desta especie unha plantación produtiva, pois ultimamente está a tirar desas existencias tan odiadas, e como me dicía un recoñecido empresario internacional do sector: «¿Que foi primeiro, os montes ou a industria?». A industria sempre se adaptou ao que os montes producen. Tamén estamos a escoitar que toda esa produción non terá saída comercial; sobre isto este empresario dime que el si ve esa saída cara outros mercados, que consumen e xa consumiron sen ningunha discriminación o agora tan odiado nítens. É mais, aquí xa tivemos exportadores que agora volven a ver a nosa comunidade coma un futuro provedor. Suporía ademais a nova apertura cara aos mercados exteriores, sen esquecer que aquí tamén se consume. Un suspiro de ar fresco para os aforros forestais dos 600.000 propietarios repartidos por toda Galicia. Óscar Piñón, presidente de Promaorti y secretario de Promagal.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Agora chámase nitens