Fragas do Eume

Xan R. Silvar EN POSITIVO

FERROL

17 may 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Onde está a esencia dun país? No seu patrimonio histórico? No seu patrimonio natural? No seu patrimonio inmaterial? Nas súas xentes?

Hai enclaves que respostan a pregunta coa súa soa presencia, coa súa existencia, e as Fragas do Eume é un deles, quizais o máis impresionante de Galicia. Non compite en monumentalidade con San Estevo de Ribas de Sil, con Sobrado dos Monxes ou con Oseira, pero a sinxeleza da súa fábrica, rematando no angosto outeiro cinguido polo Eume e o seu afluente, o Sesil, deixa ao camiñante engaiolado pola beleza do conxunto.

A acertada restauración facilita a visita: os accesos, servizos e unha pequena cantina compoñen uns elementos mínimos para unha visita grata. Estacionalmente, as visitas guiadas engaden maior interese. O bo tempo do pasado domingo animou a centos de persoas a facer o camiño dende Ombre a pé, en bicicleta ou automóbil, nesta tempada permitido e substituído por un autobús que fai de lanzadeira dende o Centro de Visitantes deste Parque Natural, distinguido por conter o mellor e máis setentrional mostra de fraga atlántica, con permiso da do río Belelle, moito menor.

Porén o Parque segue sen Plan de Uso, unha demora que as autoridades ambientais deberían solucionar de vez ,para conseguir a mellor xestión dunha das zonas protexidas máis populares e atractivas do país.

Os concellos limítrofes o precisan e os visitantes o agradecerán.