«Temos sorpresa para Narón»

Bea Abelairas
bea abelairas NARÓN / LA VOZ

FERROL

SANDRA ALONSO

13 abr 2013 . Actualizado a las 02:16 h.

O showman Roberto Vilar estará hoxe a partir das nove da noite no pazo da cultura de Narón co seu espectáculo A cabeza non para. Unha xira que ten, ademáis, unha oferta especial na que na súa parada en Narón participa o centro comercial Odeón: as persoas que compren nas suas instalacions as entradas llevarán dúas o precio dunha. Os protagonistas do show estarán toda a tarde no centro firmando camisetas e repartindo bromas.

-¿Que se pode ver neste espectáculo?

-Vaise poder ver un show de televisión trasladado ao teatro, e moitisimo máis loco. Cos nosos persoaxes habituais: o gardia civil, fisherman... e moitas das nosas bromas sobre o alcalde, que sempre me meto con el en cada sitio que imos, é unha das nosas costumes.

-A xira viaxa por toda Galicia, ¿atopa diferencias entre los públicos?

-Claro, pero para Narón temos unha gran sorpresa, vai pasar algo histórico nun auditorio que demáis é unha das prazas máis importantes, xa que hai o público naronés é moi entendido. Pensa que teñen unha das programacións máis importantes do panorama actual galego.

-¿Que tipo de sorpresa preparan?

-Unha tan grande, tan grande que se xa cha conto non a creerías. E haberá a aparición de estrelas novas xunto cos esqueches habituais, imos a pintar a mona, coma sempre, pero por todo o alto.

-E con oferta especial para as familias...

-Grazas o centro Odeón se van poder mercar dúas entradas polo precio dunha, pero ademáis imos estar toda a tarde no centro firmando camisetas e animando a xente a vir a vernos.

-¿Que recordos lle trae Ferrol?

-Pois moi bos, sobre todo dunha moza que tiven en Sillobre, inda que xa hai moitos anos. Teño moita relación con Ferrol, eu son de Viveiro e era a nosa capital, onde se ía a facer as compras e pasear.

-¿Que proxectos prepara?

-Traballamos nun programa para a tele nacional.

Roberto vilar su show «a cabeza non para» chega mañá o pazo da cultura