tempo vai encargándose de pór caras aos indignos. Os milleiros de persoas indignadas que tomaron a praza e a palabra públicas para rebelarse contra a desfeita da crise probablemente intuían que a indignidade, a indecencia, tiña nomes e apelidos, rostros, motivos de peso e lóxicas internas. Os titulares recentes van explicando quen, canto e cando algúns fixeron que e para que.
Vanse coñecendo a blindaxe dos técnicos en liquidacións que, a modo de cargas de profundidade, van estoupando os últimos días subliñando as dolorosas perdas do tecido empresarial e financeiro galegos. Van aboiando, como os restos do naufraxio que o mar devolve puntualmente, os datos de como os adaís das liortas norte-sur moveron os seus pións e canto percibiron estes polos servizos prestados. Imos descubrindo (confirmando?) como este longo e doloroso culebrón das caixas era peor do imaxinado no máis escuro dos pesadelos.
E como guinda, a pregunta sobre o papel que neste curral de traxicomedias xogaron os nosos representantes públicos. Os de aquí e os de acolá. Xa sabemos o que dixeron, aí están as hemerotecas, mais, que, canto sabían cando dicían ou calaban? O que non é unha pregunta retórica pois, cunha situación de difícil recondución no caso de Nova Caixa Galicia Banco, fiada a unha xesta digna dun apóstolo redivivo, cómpre saber como é quen nos guía e cara a onde imos.
Precisamos, máis que nunca, dos bos e xenerosos.
O