Para a delegación de Ferrol da Asociación de Estudiantes Liberais de Galicia (ELGA) o campus de Ferrol ten que darlle solución a varias deficiencias, antes de colocarse ao nivel doutros campus universitarios, como son, primeiro, solventar os problemas de transporte público aos campus de Serantes e de Esteiro. No caso do primeiro campus o problema encóntrase nos horarios dos autobuses que fan o servizo pasando por esta zona. No caso do segundo campus, o problema está cando queremos coller o bus de volta ás nosas casas, téndose que trasladar os estudantes ata a praza de España para collelo.
A tan ansiada residencia universitaria se proxecta unha vez máis, pero o que os estudantes necesitamos son feitos e non palabras, fan falta unhas instalacións onde os estudantes de fóra de Ferrol poidan ter un aloxamento dispoñible, sobre todo pensando en atraer a estudantes estranxeiros que participan nos programas Erasmus, Sócrates ou outros de índole internacional.
O campus de Serantes, é o gran esquecido pola UDC e polo goberno municipal, nin o arranxa nin dotan de mellores servizos á parroquia de Serantes, como sería a ampliación da estrada que pasa por diante da Escola. Asimesmo, a UDC ten terreos anexos a esta escola para poder crecer con novas infraestruturas.
O campus de Ferrol debe abrirse máis a cidade, e por iso, debería dar contas á cidadanía, xa que cos seus impostos se financia a UDC, e polo tanto deberían buscarse novas titulacións, que sexan rendibles e teñan que ver co tecido empresarial do noso entorno.
A ausencia de solo en Esteiro para ampliar o campus neste barrio, é un tema a ter en conta, e que pode marcar o futuro do noso campus. O campus de Ferrol precisa medrar, de forma ordenada e sostible.
A Universidade da Coruña fixo un gran esforzo por adaptar as súas instalacións ás demandas de Bolonia coas novas titulacións. Un maior fomento da participación estudantil, tanto nas actividades universitarias coma no día a día da nosa cidade mediante a participación en actividade lúdicas, culturais ou sociais, debe ser unha prioridade para ambas organizacións. Se se solventan estas deficiencias, lle aseguramos un gran futuro ao campus de Ferrol e polo tanto á comarca de Ferrolterra e aos seus veciños.