«Torrente Ballester falaba un galego moi bo»

La Voz

FERROL

21 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Foi bo amigo, Xavier Alcalá, de Gonzalo Torrente Ballester, outro dos escritores no que a paixón polo coñecemento científico herdado do Ferrol da Ilustración convivía coa máxica visión do mundo adquirida durantea a súa infancia no Val de Serantes. «Torrente Ballester falaba un galego moi bo», lembra Alcalá, que di que cando el lle preguntaba ao autor de «Dafne y ensueños» por que non escribía en galego, el lle contestaba, con todo o humor que o caracterizaba, que se quixese facelo, finalmente no que lle sairía o libro ía ser «en ferrolán». «Don Gonzalo -conta Xavier Alcalá, lembrando as súas longas conversas co gañador do Premio Cervantes- miraba con humor ata a cuestión do idioma».