15 may 2009 . Actualizado a las 11:59 h.
A Escola de Idiomas de Ferrol súmase este ano á comemoración do Día das Letras Galegas do próximo domingo coa celebración da últimas das fíadas do curso. Estas fiadas consisten en charlas a través de videoconferencia nas que os alumnos da escola poden falar con estudiantes de galego de diferentes partes do mundo.
O proxecto, polo que o centro obtivo o premio de innovación lingüística da Xunta, chegará ao seu fin este curso o próximo martes, cando alumnos e profesores celebrarán unha fiada sobre música e literatura galega na que tamén tomarán parte estudantes de galego da Universidade de Salamanca. A cita está fixada para as 19.00 horas.