Unha vida enteira dedicada á Igrexa

FERROL

Non faltaba moito onte para que amencese sobre a cidade de Compostela, cando na Casa Sacerdotal de Santiago entregaba a súa alma Manuel Mejuto Sesto, que esta tarde, ás 17 horas, recibirá sepultura en Melide. Non chegou a ver editado o seu último libro, o que lle dedicou a aquel Concilio Pastoral de Galicia no que el tivera unha participación tan intensa, un volume que aínda verá a luz en letra impresa nos próximos meses.

Pero a súa principal obra, ese legado impagable que foi a súa propia vida e o seu exemplo (o seu compromiso coa fe, a súa entrega aos pobres e a súa insubornable lealdade á Igrexa) queda feita. Fillo das terras da Ulloa, ordenouse sacerdote no ano 1957. Foi capelán de emigrantes en Francia e párroco en Ferrol. Restaurou unha ingrexa en Abadín, construíu outra en Xermade, e ata os últimos días, estando xa gravemente enfermo, atendeu as parroquias chairegas do Buriz e Os Vilares. Xa está con Deus, neste momento.