«A rapa das bestas é para min mellor que o día do patrón»

F. Fernández FERROL

FERROL

XOSÉ CHEDA

GANDEIRO DE A CAPELADA

12 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?osé Antonio Bouza Painceira é o vicepresidente da Asociación de Gandeiros Pena Toxosa de Cedeira, que agrupa a uns trinta socios que posúen medio millar de cabezas de gando na serra de A Capelada, e que prepara para o domingo 24 deste mes unha nova edición da Rapa das Bestas. Ven Bouza Painceira dunha familia de gandeiros de San Andrés de Teixido. E iso marca. Aínda que vive do seu traballo como integrante dunha cuadrilla de extinción de incendios da Xunta, posúe 68 vacas e 55 cabalos que campan libres pola serra da Capelada. -Moito traballo non lle darán se andan libre polos montes. -Mirar deles hai que mirar. Vou case todos os días para ver como andan. -Do gando non vive. ¿Por que o mantén? -Porque me encanta. -Esta tradición da rapa ¿de onde ven? -Daquela facíase para vender as crines e sacar uns cartos extras. E de paso aproveitábase para marcas as bestas. -Daquela, ¿cando? -Faiche moitos anos, si. -E agora ¿séguese rapando e marcando as bestas? -Xa non. Ás miñas colócolles un pendente na orella e listo. -Ou sexa que a rapa é agora solo unha festa. -Si, facémolo máis ben polo jolgorio. Aínda que tamén aproveitamos ese día para desparasitar ás bestas para que polo menos leven un bo recordo da festa e que non todo sexa correr. -E vostede ¿tamén participa na rapa? -Si, son aloitador. -¿Non é moi perigoso? -Claro que o é. Pero, de momento, nunca nos mancamos. Hai que andar con coidado, como na vida. -¿Que significa esta festa para vostede e os seus compañeiros? -Para min é mellor que o día do patrón. -¿Que vai ver a xente que se acerque á Capelada o día 24? -Pois uns douscentos cabalos que van ser marcados a lume e aos que se lles cortarán as crines. Tamén poderán ver loitas de garañóns, os xefes das manadas, e degustar carne de poldro da Capelada.