O sector lácteo despide o ano con 61 granxas de vacas menos

La Voz F.?F. | FERROL

FERROL

Ferrolterra-Eume-Ortegal Os donos abandonaron a actividade Monfero é o concello onde máis renuncias se produciron, seguido de A Capela

23 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Consellería de Medio Rural aprobou este ano 503 expedientes de abandono de cuota láctea solicitados por outras tantas explotacións gandeiras en toda Galicia. Delas, 61 atópanse nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que ata o de agora tiñan 559 granxas e que, con estas baixas, adentraranse no ano novo con 498. O concello no que máis gandeiros tiraron este ano a toalla e que se acolleron ás axudas oficiais para renunciar a súa cuota láctea é Monfero, no que tamén se concentra o maior número de explotacións de leite. Este municipio pasa das 224 granxas ás 200, ao perder 24 negocios. Síguenlle na lista de abandonos de cuota A Capela, con oito expedientes; Ortigueira, con sete; As Somozas, con seis; As Pontes, con cinco; Narón, con catro; Mañón, con tres; San Sadurniño, con dous; e Cabanas e Neda, con un abandono cada un. Das estadísticas facilitadas pola Consellería de Medio Rural chama a atención que en tres dos concellos da comarca xa non queden granxas de producción de leite: Ares, Cedeira e Cariño. Cunha explotación gandeira conta o concello de Mugardos. Medio Rural non facilitou o dato da cuota láctea que quedou liberada con estes 61 abandonos. A consellería precisou tamén que aínda non están resoltos os expedientes de abandono de granxas de vacas de carne.